• TRAS DO CEO

    RIVAS, MANUEL EDITORIALS VARIES Ref. 9788411105729 Altres productes de la mateixa col·lecció Altres productes del mateix autor
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas...
    Dimensions: 230 x 155 x 18 cm Peso: 305 gr
    No disponible
    18,95 €
  • Descripció

    • ISBN : 978-84-1110-572-9
    • Encuadernació : Rústica
    • Data d'edició : 01/09/2024
    • Any d'edició : 2024
    • Idioma : Gallego
    • Autors : RIVAS, MANUEL
    • Número de pàgines : 216
    • Col·lecció : EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías.
    No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir.
    Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, o territorio onde transcorre a historia, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno.
    A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.