Guía de luxo para coñecer, saber catar e degustar con propiedade os diversos viños galegos. A narración discorre desde as orixes e historia do viño en Galicia ás tradicións, á cultura ligada a el ou á xeografía e características das diferentes marcas. O texto en galego, castelán e inglés compleméntase con máis de cen fotografías que reflicten as diferentes fases da creación do viño e as variadas paisaxes da viticultura galega.